#NVDA Remote Access Versión 2.0
Benvido ao complemento de acceso remoto de NVDA, que che permitirá conectarte a outro equipo que execute o lector de pantalla de balde NVDA. Da igual que esteas ó outro lado da habitación ou ó outro lado do mundo. Conectarse é simple, e hai moi poucos comandos que aprenderse. Podes conectarte ao equipo doutra persoa, ou permitir a unha persoa de confianza que se conecte ao teu sistema para realizar un mantemento rutinario, diagnosticar un problema, ou ensinarche algo.
Cando se actualice o complemento, se instalaches NVDA Remote no escritorio seguro, recoméndase que actualices tamén a copia do escritorio seguro. Para facer isto, primeiro actualiza o complementeo existente. De seguido abre o menú de NVDA, preferencias, Opcións Xerais, e preme o botón etiquetado coa "Utilizar opcións actualmente gardadas do logon e outras pantallas seguras (require privilexios de administrador)".
É necesario ter instalado NVDA en ambos os dous equipos, e obter o complemento NVDA Remote Access. A instalación de NVDA e do complemento non varía con respecto a outras. Se necesitas máis información, podes encontrala na guía de usuario de NVDA.
A opción servidor no diálogo conectar permite establecer una conexión directa. Unha vez seleccionada, elixe o modo no que se comportará o teu equipo durante a sesión. A outra persoa conectarase utilizando o contrario.
Unha vez seleccionado o modo, podes usar o botón obter IP externo para obter o teu enderezo IP externo e asegurarte de que o porto introducido no campo "porto" está reenviado(aberto) correctamente. Se portcheck detecta que o porto (por defecto 6837) non se pode alcanzar dende Internet, aparecerá una advertencia. Reenvía(abre) o porto e inténtao de novo. Nota: o proceso de reenviar portos está fóra do propósito deste documento. Consulta a documentación que acompaña ao teu router para máis información.
Introduce unha clave no campo clave, ou preme xerar. A outra persoa necesitará o teu IP externo xunto coa clave para conectar. Se se introduciu un porto diferente ao predeterminado (6837) no campo "porto", asegúrate de que a outra persoa engade o porto ó enderezo do equipo na forma <IP externo>:<porto>.
Unha vez premas aceptar, estarás conectado. Cando a outra persoa se conecte, poderás usar NVDA Remote con normalidade.
Unha vez a sesión está conectada, o controlador pode premer f11 para enviar pulsacións de teclado. Cando NVDA diga envío de teclas activado, as teclas que premas irán ao equipo remoto. Pulsa f11 de novo para deter o envío de teclas e volver ao equipo controlador. Para maior compatibilidade, asegúrate de que as distribucións de teclado de ambas máquinas coinciden.
A pesares de que o envío de teclas estea activado, a combinación ctrl+alt+supr non se pode enviar coma o resto. Se necesitas enviar ctrl+alt+supr, e o sistema remoto se encontra no escritorio seguro, usa este comando.
Ás veces podes querer controlar un dos teus propios equipos remotamente. Isto é especialmente útil se te encontras viaxando, e queres controlar o ordenador da casa dende o portátil, ou controlar un equipo nunha habitación da túa casa mentres estás fóra con outro equipo. Cunha preparación un pouco avanzada isto faise posible.
Nota: As opcións relacionadas coa autoconexión ao inicio no diálogo de opcións non se aplicarán ata que NVDA se reinicie.
Se non queres escoitar a voz do ordenador remoto, é tan simple coma ir ao menú de NVDA, ferramentas, remoto. Baixa con flecha abaixo hasta oír silenciar voz do equipo remoto, e preme intro.
Para finalizar unha sesión remota, fai o seguinte:
No equipo controlador, pulsa f11 para deixar de enviar pulsacións de teclado. Deberías escoitar a mensaxe: "Envío de teclas desactivado.". Se oes unha mesaxe dicindo que o envío de teclas está activado, pulsa f11 novamente.
Accede ao menú de NVDA, ferramentas, remoto, e pulsa intro en desconectar.
A opción enviar portapapeis no menú remoto permíteche enviar texto dende o teu portapapeis. Cando estea activada, calqueira texto no portapapeis enviarase ós outros equipos.
Para que NVDA Remote funcione no escritorio seguro, o complemento debe estar instalado no NVDA que se executa no escritorio seguro.
No menú de NVDA, selecciona preferencias, e a continuación opcións xerais.
Pulsa tabulador ata o botón Utilizar opcións actualmente gardadas na autentificación (logon) e outras pantallas seguras (require privilexios de administrador), e pulsa Intro.
Responde sí ás advertencias sobre copiar a configuración e os complementos, e responde á advertencia do control de contas de usuario que debería aparecer.
Cando a configuración se haxa copiado, preme intro para aceptar a confirmación. Pulsa tabulador ata aceptar e preme intro de novo para salir do diálogo. En canto NVDA Remote estea instalado no escritorio seguro, se te controlan en unha sesión remota, o escritorio seguro será leído cando se entre nel.
Gustaríanos dar o noso recoñecemento aos seguintes contribuíntes que, entre outros, axudaron a que o proxecto NVDA Remote fora unha realidade.
Traducido ao galego por Iván Novegil <info@inovegil.site40.net>